Máis ca albaneis

Traballando polo teu fogar

Somos unha empresa familiar con máis de trinta anos de experiencia no sector da construción.

Levamos a cabo todo tipo de obras de albanelería, tanto reformas como pequenos proxectos de nova edificación. Nos últimos anos tamén nos fomos especializando na cantería e na colocación de pedra.

Buscamos sempre as mellores solucións, e para iso colaboramos con profesionais de carpintería, fontanería e electricidade.

Xeramos confianza nos nosos clientes desde o primeiro momento, e eles son a mellor garantía, pois coa súa satisfacción avalan a calidade das nosas obras.

Comprometémonos coa túa vivenda, con seriedade, rigor e eficacia.